mércores, 25 de xaneiro de 2023

Árbore de Nadal

 Este ano a nosa árbore de Nadal foi decorada polo alumnado do 1º ciclo. Os de primeiro fixeron bolas e os de segundo, campás. E ben bonito que nos quedou!



martes, 24 de xaneiro de 2023

Mural do outono

 Na entrada ao noso edificio montamos un mural con diferentes elementos do outono, xa que estivemos traballando diferentes contidos relacionados co tema. 



luns, 23 de xaneiro de 2023

venres, 20 de xaneiro de 2023

A visita dos Reis Magos

 Para rematar o trimestre tivemos a visita das súas maxestade os Reis Magos. Coma sempre moitas cariñas de ilusión,  e deixaron uns pequenos agasallos como adianto ao que logo deixarían a noite máis máxica do ano. 






xoves, 19 de xaneiro de 2023

Feira da Ciencia

O 15 e 16 de decembro no CPI Cruz do Sar celebramos unha gran feira da ciencia onde o alumnado ensinaba aos seus compañeiros e compañeiras diferentes experimentos. Este curso, os peques do cole non participamos con ningún experimento, pero si asistimos como público aos dos nosos compañeiros. Cantas cousas descubrimos!



mércores, 18 de xaneiro de 2023

Visita á Casa dos Peixes.

 Outra das actividades do primeiro trimestre foi a visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña onde aprendemos unha chea de cousas dos peixes e outros animais mariños. 









martes, 17 de xaneiro de 2023

Celebración do 25 de novembro

 O 25 de novembro é o Día contra a Violencia de Xénero. Para traballar o tema da igualdade de xénero asistimos a unha obra de teatro titulada "Gaela quere ser druída". Ademais de divertida, foi moi instructiva. 




luns, 16 de xaneiro de 2023

Magosto e Samaín

 O pasado 11 de novembro celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto, recuperando a exposición de cabazas, e por suposto, saboreando unhas riquísimas castañas nun día solleiro.